ICEACSA é unha organización pioneira no desenvolvemento da normalización e a certificación no sector da consultaría e a enxeñaría, por iso adquiriu o máximo compromiso respecto aos estándares de calidade dos seus proxectos, afianzando así a eficacia e competitividade da empresa así como a súa decidida aposta pola sostenibilidade e o medio ambiente.
Por todo iso, o recoñecemento, tanto a nivel nacional como internacional de institucións do sector público e privado, se materializou na obtención das principais acreditacións necesarias para operar como unha consultora de Enxeñaría cos máis elevados estándares de responsabilidade.
ICEACSA está certificada e facultada para contratar con todos os estamentos da administración pública, dende os municipios ata os organismos comunitarios, pasando polas deputacións provinciais, as comunidades autónomas e o Estado, cos seus organismos e institucións.
AENOR certificou a ICEACSA para a prestación dos seguintes servizos:
- O deseño e desenvolvemento de estudos, plans e proxectos e a realización de asistencias técnicas e direccións de obra nos ámbitos de enxeñaría civil e edificación
- A dirección integrada de proxecto e construción de obra civil, edificación e promocións inmobiliarias e de solo.
- A determinación de parámetros físico-químicos de augas continentais
- A realización de medicións de contaminación acústica e vibracións
![]() |
A continuación indícanse as principais certificacións e homologacións obtidas por ICEACSA:
- Certificada por AENOR na UNE-EN ISO 9001 e UNE-EN ISO 14001. Sistema de Xestión da Calidade e Sistema de Xestión Ambiental respectivamente.
- Certificada por AENOR a implantación do Sistema de Xestión Ambiental de acordo cos requisitos do Regulamento Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoría (EMAS).
- Certificada por AENOR na especificación OHSAS 18001 (Sistema de Xestión de Seguridade e Saúde Laboral).
- Documento de Cualificación Empresarial como empresa consultora de enxeñaría (Consellería de Industria da Xunta de Galicia).
- Inscrita no Rexistro Voluntario de Licitadores do Ministerio de Fomento.
- Inscrita no Rexistro Xeral de Provedores do ADIF.
- Homologada para efectuar medicións en contaminación acústica e vibracións.
- Primeira empresa galega recoñecida pola Asociación Española de Dirección Integrada de Proxectos (AEDIP).
- Inscrita no Catálogo da Oferta de Servizos Tecnolóxicos das Empresas Españolas de Enxeñaría e Consultoras do Ministerio de Industria e Enerxía.
- Inscrita no Rexistro de Empresas de Interese para a Defensa da DGAM da Secretaría de Estado para a Defensa do Ministerio de Defensa.
- Membro da Asociación Técnica de Estradas.
- Membro da Cámara de Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña.
- Pertence á Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), a través da CEC/CEG.
- Membro da Association internationale permanente deas Congrês de la Route (Permanent International Association of Road Congresses).
- Membro da Asociación para o Desenvolvemento do Edificio e Infraestrutura Intelixente (ADEINTE).
- Socio fundador da Asociación de Enxeñarías e Consultoras de Galicia (ACIGA), sendo membro do Comité Directivo.
- Participa na Fundación de Enxeñaría Civil.
- Membro da Asociación Española para a Calidade (AEC).
- Membro do Grupo Español do Formigón (GEHO).
- Membro da Asociación Galega de Acústica (AGA).
ICEACSA pertence aos seguintes Colexios e Colectivos Profesionais:
|
|





