|
Dende a súa fundación no ano 1985 ICEACSA situouse no mercado español como unha consultora pioneira e líder no desenvolvemento integral de proxectos nos ámbitos da enxeñaría, edificación, urbanismo e medio ambiente. Ese liderado e recoñecemento tanto por parte do sector público coma do privado viuse reflectido na confianza que os nosos clientes depositan nas solucións que ICEACSA achega para a mellora continua de infraestruturas e servizos.
O valor engadido dos proxectos deseñados e xestionados por ICEACSA baséase nos tres principais obxectivos estratéxicos da compañía:
Experiencia, Calidade e Compromiso de Resultados, garanten aos clientes de ICEACSA a tranquilidade de colaborar cunha compañía coas máximas acreditacións e solvencia. O talento dun amplo equipo multidisciplinar ao seu servizo asegúrao. A planificación territorial integral en materia de estradas, portos e saneamento por un importe superior a 20.000 MM de € aválano. Proxectos e Dirección de Obras superiores a 4.000 MM de € certifícano. Benvidos a ICEACSA |
![]() |





