ICEACSA dispón dunha infraestrutura de máis de 1500 m2 de oficinas distribuídas entre a súa sede central na Coruña e a súa delegación en Santiago de Compostela. Adicionalmente o arquivo central da compañía sitúase en Culleredo (A Coruña). Complementariamente ás oficinas centrais, ICEACSA dispón de oficinas nas distintas situacións que cada proxecto esixe.

A nivel tecnolóxico ICEACSA dotou a todas as súas oficinas dos máis avanzados medios tanto a nivel de software coma de hardware ofrecendo aos nosos clientes as solucións máis innovadoras acordes coa natureza de cada proxecto. Grazas a unha política de investimento continua, os profesionais de ICEACSA dispoñen dos últimos medios tecnolóxicos ao seu alcance o que permite ter unha absoluta independencia do mercado e acurtar os tempos de resposta ás necesidades dos nosos clientes.




