A xestión de RR.HH. en ICEACSA ciméntase na creación de talento organizativo. O principal diferencial da compañía céntrase na selección e incorporación dos mellores profesionais, os que poñen en práctica a súa excelencia en proxectos de primeiro nivel nas áreas da enxeñaría civil, a edificación, o urbanismo e o medio ambiente.
O traballo en equipo, a orientación cara o cliente e a calidade de servizo son os valores polos que un equipo próximo a 100 profesionais posicionouse como unha das principais consultoras técnicas a nivel nacional. O carácter multidisciplinar, xunto cunha estrutura organizativa áxil e cohesionada, permite dar resposta coa máxima solvencia e eficacia ós proxectos dos nosos clientes garantindo os seus resultados.
A formación continua e desenvolvemento dos profesionais de ICEACSA, grazas ao deseño e implantación de Plans de Carreira Individuais (PCI), permiten á organización obter un dos menores índices de rotación do sector.
¿Queres traballar con nós?. Envíanos o teu currículum.




