|
Crecemento sostido, xeración de valor engadido, competitividade e experiencia son os termos que definen a traxectoria de ICEACSA tras 25 anos achegando solucións no sector da enxeñaría en mercados nacionais e internacionais. A definición e implantación dunha política empresarial deseñada co obxectivo de integrar baixo unha mesma visión os mellores profesionais do sector, deu como resultado unha compañía presente nos principais proxectos en materia de enxeñaría civil e edificación, unha compañía onde o compromiso cos clientes e a asunción dos seus obxectivos como propios marca o camiño de ICEACSA, no pasado, no presente, no futuro. O "know how" de ICEACSA cimentado no deseño de metodoloxías de traballo de desenvolvemento interno, canda co carácter multidisciplinar do seu equipo humano, son as bases dunha traxectoria empresarial onde a excelencia dos proxectos acometidos impulsan decididamente o crecemento económico, o desenvolvemento social e o respecto ó medio ambiente. No cadro adxunto móstranse algúns dos principais fitos da compañía ao longo da súa historia: |
|
| Data | Fitos Singulares |
| 1985 | Fundación de ICEACSA |
| Proxecto de Piscifactoría. Lires (A Coruña). Maior piscifactoría europea á súa execución | |
| 1992 | Barrio Residencial Fontiñas Santiago de Compostela (A Coruña): Urbanización e Dirección Facultativa. Premio Philippe Rothier 2008 (Fundación para a Arquitectura de Bruxelas) |
| 1993 | Autoestrada AP-9. Tramo Guísamo-Miño (A Coruña). Redacción do Proxecto |
| Premio Europa Nostra. Actuación de paisaxismo natural no Camiño de Santiago. (Provincia de Lugo) | |
| 1996 | Sede Fundación Caixa Galicia en A Coruña: Xestión Integral de Proxecto e Construción/Project & Construction Manager |
| 1997 | Fundación Caixa Galicia Café Moderno en Pontevedra. Project & Construction Manager |
| 1998 | Autoestrada Grande Porto (Portugal). Redacción do Proxecto de Licitación |
| 2000 | Proxecto Construtivo Autoestrada AP-53 Santiago-Ourense. Tramo:Santiago-Alto de Santo Domingo |
| 2001 | Certificación en Calidade por AENOR en ISO-9.001 (Calidade) e ISO-14.001 (Xestión Ambiental) |
| 2002 | Proxecto Prestige. Dirección Xeral de Costas. Apoio Técnico á implantación e xestión da información e de medios económicos |
| 2004 | Certificación AENOR en EMAS (Sistema de Xestión Europeo Ambiental) |
| Premio San Telmo 2004 do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos: "Proxecto de Paseo Fluvial en Bertamiráns, Ames (A Coruña), considerada como a obra de enxeñaría civil máis representativa de Galicia" | |
| Proxecto Construtivo Ferrocarril Eixe Atlántico. Tramo Ordes-Queixas (A Coruña) | |
| 2005 | Certificación AENOR en OHSAS-18.001 (Sistema de Xestión de Seguridade e Saúde) |
| 2006 | Premio EUROPEAN AWARDS 2006 que concede o Royal Institute of British Architects (RIBA) ao edificio da Sede da Fundación Caixa Galicia en A Coruña |
| Premio San Telmo 2006 do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos. Porto Exterior de Ferrol. Dirección Integrada de Construción | |
| 2008 | Redacción do Proxecto de licitación Subconçessão Auto-Estradas do Centro na zona de Oliveira de Azemeis, Coimbra e Viseu en Portugal para o Grupo Rodoviario Centro |




